Sunday 08 de September de 2024

Circuíto de seguridade viaria


A Concellaría de Mobilidade e Policía organizou hoxe un circuíto de seguridade viaria para os nenos e nenas que participan nun dos numerosos campamentos de verán que se desenvolven no noso concello. A iniciativa consistiu na instalación dun circuíto na zona da Praza do Concello próxima á rúa Gran Vía, con sinais de tráfico, semáforos e pasos de peóns, para iniciar aos peques no correcto uso da calzada coma peóns e ciclistas. O circuíto, no que participou o concelleiro da área, Juan Seoane, estivo regulado pola Policía Local.